O goberno de Vigo formaliza a cesión de parcelas para construir 62 vivendas de protección
Abel Caballero informou este martes da sinatura ante notario da cesión á Xunta de Galicia de parcelas de solo residencial -en Chantada, Ignacio Grobas e Cambeses- que farán posible construir 62 vivendas de promoción pública. O alcalde cifrou en 1,2 millóns o valor dos terreos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe martes da sinatura onte ante notario que formaliza a cesión á Xunta de Galicia de parcelas de solo municipal de carácter residencial para a edificación de 62 vivendas de promoción pública e catro locais comerciais.
En declaracións aos medios, Caballero explicou que o solo que achega "gratuitamente" a administración local suma un valor patrimonial de 1,2 millóns de euros e por tanto "é o Concello o que promove ante a Xunta esta acción" de vivenda social.