A Corporación insta ao Goberno a modificar o teito de gasto para que os concellos poidan investir o superávit
A moción de Marea de Vigo saíu adiante cunha emenda de substitución do PSOE demandando ao Goberno español un Decreto-lei para cambiar o actual equilibrio orzamentario e do teito de gasto, de maneira que os municipios poidan destinar o superávit ás súas competencias.
O Pleno do Concello aprobou este mércores unha moción de Marea de Vigo cunha emenda de substitución do grupo socialista -e o voto en contra do grupo popular- instando ao Goberno de España a que presente un Decreto-lei polo que se modifique a regulación actual do equilibrio orzamentario e do teito de gasto para permitir que os Concellos poidan destinar o seu superávit ás competencias que teñen atribuídas.
O voceiro de Marea, Rubén Pérez, defendeu a moción apuntando que o Goberno Central e Autonómico deben adoptar as medidas necesarias para incrementar a marxe de manobra fiscal dos municipios para que poidan gastar o seu superávit máis alá do que vaia a crecer a economía a medio prazo. O edil de Facenda, Jaime Aneiros, sinalou a necesidade de que o Goberno revise o teito de gasto e de estabilidade especialmente no caso de Concellos como Vigo, que teñen unhas finanzas sólidas e saneadas.
PXOM
O Pleno do Concello aprobou, coa abstención do grupo socialista e de Marea de Vigo, a moción popular que insta ao goberno municipal a concretar se vai utilizar o instrumento de ordenación provisional, en que ámbitos, con que prazos e que garantías vai dar para cumprir o tempo de elaboración dun novo PXOM. A voceira do PP Elena Muñoz expuxo o descoñecemento do seu grupo sobre a tramitación do documento mentres a concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride explicou que o Concello utilizará a norma provisional da Xunta en todos os ámbitos nos que sexa aplicable, en dotacións e no caso de accións privadas que estean moi desenvolvidas. Tamén estableceu en tres anos e medio o prazo máximo de desenvolvemento do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.