mércores, 23 nov 2016
O alcalde de Vigo anunciou esta mañá a reorganización do tráfico en García Olloqui, cumprindo un mandato xudicial que obriga ao Concello a tomar medidas sobre a insonorización acústica da circulación. Deste xeito, a partir do 28 de novembro o tráfico nesta rúa quedará restrinxido a autobuses e taxis.
martes, 22 nov 2016
Co fin de facilitar o movemento da cidadanía ante a previsión de afluencia polas compras, as dúas liñas circulares ampliarán os servizos durante as fins de semana e os festivos. Ademais, a Xunta de Goberno aprobou a clasificación de ofertas para as carrozas da Cabalgata de Nadal que este ano verá modificado o seu percorrido.
martes, 15 nov 2016
A Policía Local contará desde hoxe martes con 17 novos vehículos, dos que 12 son patrulleiros dotados con carteis de led configurable para lendas de mensaxes, útiles nas intervencións policiais. Abel Caballero participou esta mañá na presentación desta nova frota na Praza do Rei, acompañado polo segundo tenente de alcalde, David Regades e o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font.
luns, 14 nov 2016
Stopguardarraíles, a Asociación Mutua Motera e o Motoclub Galicia son os colectivos que hoxe recoñecen a Vigo como a cidade máis amiga e segura para as motos. Abel Caballero presidiu o acto de entrega que se celebrou esta tarde na Casa Galega da Cultura.
venres, 11 nov 2016
Co obxectivo de facer a vía "máis porosa" mellorando a fluidez e o tránsito seguro dos peóns, o Concello vén de instalar nova sinalización vertical nunha vía que rexistra unha alta intensidade circulatoria. Caballero explicou que, dende o ano 2011, a acción municipal neste ámbito supuxo a instalación de 80 novos equipamentos.
venres, 4 nov 2016
Vigo é considerada por tres asociacións como a cidade máis segura de España para circular en moto. Así o lembrou esta mañá o rexedor durante unha rolda de prensa na que detallou as accións que realizou o goberno local durante os últimos anos para favorecer o uso dos vehículos de dúas rodas.
luns, 17 out 2016
O servizo de tranporte público de Vigo conta con 16 novos autobuses, dotados con USB e WIFI, ademais de rampa telescópica para o acceso de cadeiras de rodas. Tal e como explicou Caballero, Vigo é a primeira cidade galega en contar cunha flota 100% accesible.
xoves, 22 set 2016
Caballero explicou que este xoves, 22 de setembro, na rúa do Príncipe, o goberno de Vigo celebra a data con numerosas accións, ademais de facer gratuitas hoxe as liñas do bus que van ao novo hospital e as liñas 6, 12B e 18 para os usuarios que suban nas paradas do Álvaro Cunqueiro.
martes, 30 ago 2016
Abel Caballero informou este martes da apertura dunha investigación que esclareza as causas que produciron onte sendos lumes en dous autobuses urbanos de Vigo, sen que houbera que lamentar danos persoais. O Concello esixe un "informe detallado" do acontecido "para que non volva suceder", concluíu.
xoves, 25 ago 2016
Comezando pola rúa do Príncipe, o goberno de Vigo levará a outros "puntos estratéxicos" da cidade un sistema intelixente de videovixilancia. Abel Caballero explicou este xoves que as cámaras se activarán coa detección de persoas e enviarán automaticamente avisos á Policía Local.