Escoitar

O Concello abre ao público as 80 prazas do aparcamento do antigo Hotel Samil

Nunha visita realizada estes venres, Abel Caballero explicou que o Concello acondicionou o antigo aparcamento do Hotel Samil e hoxe mesmo estará aberto ao público, de balde. Deste xeito, o entorno da praia suma sesenta prazas máis para coches e outras vinte para motos.

venres, 29 xul 2016
1469796321Samil.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres do estado administrativo no que se atopa o Hotel Samil, unha vez finalizado o prazo da concesión, e anunciou o acondicionamento do seu aparcamento e apertura hoxe mesmo para uso público e gratuito de todos os usuarios. O estacionamento engadirá unhas sesenta prazas para coches e outras vinte de motos.

O goberno de Vigo, explicou o rexedor, acondicionou a parcela con todas as medidas de seguridade necesarias e un investimento de 45.000 euros para reparar o muro, instalar sinalización e habilitar un estacionamento para a tempada estival: "de forma inmediata imos abrir ao público o aparcamento do hotel de forma gratuita".

No tocante ao antigo Hotel Samil, Caballero explicou que o Concello acometeu obras para garantir a seguridade no inmoble, á vista do estado no que se atopaba. Ademais, a administración que preside está realizando a tramitación legal preceptiva e redactando os pregos técnicos e administrativos para a súa licitación, tras ter finalizada a concesión. Caballero estimou que os pregos estarán elaborados nun prazo aproximado de dous meses.

O alcalde avanzou que, no novo concurso, o goberno de Vigo esixirá "un moi forte investimento" para actualizar o deseño do edificio, incluindo a "adecuación medioambiental" deste nun entorno costeiro e de praia como é Samil.

Cadeira anfibia
Durante a visita ao entorno do areal vigués, o alcalde anunciou que, desde este domingo, a cadeira anfibia -empraza no Vao- que permite o baño das persoas con mobilidade reducida estará a disposición dos usuarios en Samil. "Sempre escoitamos á xente", explicou Caballero, "que fai os seus planteamentos cargados de razón e efectivamente: o sitio onde hai máis demanda para a súa utilización é Samil", concluíu.
Descargar todas as imaxes