Escoitar

Manel Fernández anuncia unha Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras "espectacular" no Vao este domingo

O concelleiro de Deportes presentou hoxe venres a Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, que se celebrará este domingo 31 no Vao (12:00 horas) co patrocinio municipal e que contará con once tripulacións de toda Galicia.

venres, 29 xul 2016
1469805323deportes.JPG
"Vai ser un espectáculo coa praia chea de xente e a mellor homenaxe a trinta anos de proba", explicou o edil, que lembrou que este ano hai tres décadas da primeira Bandera Concello de Vigo.

Coa organización do C.R. Coruxo, a Liga Galega de Traiñeiras, na súa División A, fai parada en Vigo. Esta é a novena proba do circuíto e a ponte de Toralla, ás 12:00 horas, vai ser testemuña dunha gran xornada con tres quendas.

Dende 2011 a organización é do Club de Remo Coruxo e pasou de celebrarse fronte ao Real Club Náutico de Vigo á O Vao, dando moita máis espectacularidade á proba. "Estamos moi satisfeitos co traballo do C.R. Coruxo e o Concello envorcouse un ano máis na proba, que desexamos poida gañar o club local aínda que sabemos da cualidade dos rivais", dixo o concelleiro, que ademais explicou que é a terceira bandeira "máis veterana" das trece da Liga Galega.

A bandeira está dotada con 9.000 euros (van do 13% dos premios para o club campión, é dicir, 1.170 euros, ao 7,5%, 645 euros, do oitavo, noveno, décimo e undécimo) e compiten nela 11 tripulacións: Samertolameu, Puebla, Ares, Castropol, Coruxo, Bueu, Mecos, Chapela, Amegrove, Vilaxoán e Salgado Perillo.

A saída, en dirección Samil, terá lugar dende a ponte de Toralla. O campo de regatas cubrirase en 4 largos e 3 ciabogas (5.560 metros) paralela á praia do Vao. O público poderá seguila dende a ponte de Toralla co interese engadido de que as traiñeiras pasan por debaixo.
Descargar todas as imaxes