Escoitar

O Concello asina un convenio con ANHIDA para colaborar co aluguer do seu local

Abel Caballero explicou que a Asociación de Nenos con Hiperactividade e Déficit de Atención atende a un "número significativo" de rapaces polo que precisa dun local propio onde desenvolver a súa función. O alcalde reiterou a súa proposta de converter os actuais xulgados nun espazo cultural e cívico onde emprazar a entidades deste tipo.

venres, 29 xul 2016
1469796387anhida.JPG
O goberno de Vigo apoia económicamente á nomeada Asociación para sufragar os gastos de aluguer do seu local, en virtude do convenio asinado este venres entre os responsables de ANHIDA e o alcalde.

En declaracións aos medios, Abel Caballero apuntou que a entidade precisa dun local e recordou que son moitas as asociacións que o solicitan. Así, o rexedor reclamou crear un espazo cultural e cívico nos edificios que actualmente ocupan os xulgados, no entorno das Travesas, que serán trasladados á torre do antigo Hospital Xeral. "Manteño a vocación", asegurou Caballero sobre o proxecto de facer na rúa Lalín un espazo cultural -acollendo tamén unha Biblioteca do Estado- e cívico.
Descargar todas as imaxes