martes, 26 xul 2016
A sesión plenaria deste martes tomou coñecemento do informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos de pago no segundo trimestre deste ano, onde o Concello de Vigo se sitúa á cabeza das cidades españolas ao abonar oito días antes do inicio dos trinta días de periodo legal previsto.
martes, 26 xul 2016
Os tres grupos políticos amosaron esta mañá o seu apoio á Plataforma de Vítimas do Alvia 04155 ao solicitar que se encarguen dúas comisións -unha técnica e outra política- para esclarecer o accidente do 24 de xullo de 2013. Trátase do accidente ferroviario máis grave da democracia española, no que morreron 81 persoas e resultaron feridas 145.
martes, 26 xul 2016
A Corporación de Vigo aprobou este martes a Conta Xeral do Concello do 2015, cos votos do grupo de goberno, a oposición do PP e a abstención da Marea de Vigo. O edil de Facenda defendeu que o documento conclúe que Vigo obtivo superavit, a menor presión fiscal das cidades galegas e débeda cero, ao tempo que o Concello promove a maior política social e de investimentos de Galicia.
martes, 26 xul 2016
O alcalde visitou este martes os traballos de mellora da rede de distribución eléctrica en Castrlos, cun investimento de 315.000 euros a cargo de Fenosa para substituir e soterrar dous centros de transformación e case 1,5 quilómetros de liña de media tensión.