O Pleno aproba unha Conta Xeral que revela que Vigo ten a menor carga fiscal das cidades galegas
A Corporación de Vigo aprobou este martes a Conta Xeral do Concello do 2015, cos votos do grupo de goberno, a oposición do PP e a abstención da Marea de Vigo. O edil de Facenda defendeu que o documento conclúe que Vigo obtivo superavit, a menor presión fiscal das cidades galegas e débeda cero, ao tempo que o Concello promove a maior política social e de investimentos de Galicia.
Ao respecto, o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, salientou a "xestión financeira sobresaínte" que evidencia a Conta Xeral do ano pasado, coa carga fiscal máis baixa das cidades de Galicia e débeda cero. O edil, na súa exposición, certificou que a presión fiscal por habitante é de 492 euros e, co esforzo inversor, cada vigués recibe máis do que paga en impostos, unha cifra valorada en 724 euros.
O edil do goberno de Vigo tamén valorou a débeda cero que rexistra o Concello de Vigo e o resultado orzamentario positivo, é dicir, que os ingresos superaron os gastos municipais do pasado ano. A execución das contas de 2015 rozou o 91% e cumpriuse co obxectivo de estabilidade orzamentaria.
A Marea de Vigo abstívose na votación e o seu voceiro, Rubén Pérez, indicou que a maior parte dos recursos acaban en manos de concesionarias, polo que solicitou incluir na Conta informes de auditoría ás empresas. O edil puxo en dúbida o "mantra" da débeda cero e resaltou que existe unha perda de emprego na construción, sector no que se centra boa parte do investimento do Concello a través das humanizacións.
O Partido Popular votou en contra e Elena Muñoz, en nome da formación, afirmou que a xestión do Concello é "moi mala" e merece un "suspenso". Argumentouno con que quedaron 22 millóns sen gastar e asegurando que a administración local está á cola de España en investimento, ademais de afirmar que o Concello so adica o 5% do seu orzamento a política social cun investimento por habitante na metade da media española, segundo concluiu.
Pechando o debate, Jaime Aneiros reiterou que o goberno de Vigo é "serio e responsable" e esta Conta Xeral ten o aval do Consello de Contas, do Tribunal de Contas e da autoridade fiscal independente. Recordou o edil que a política social do Concello é a máis importante de Galicia, así como a súa política inversora. Por último, Aneiros expuxo que o goberno de Vigo, carecendo de competencias na materia, adica "grandes esforzos" ao emprego, tanto en programas directos como pagando aos proveedores nun prazo dos máis baixos de España. Ademais, sobre a débeda cero, aclarou que permite aforrar xuros e gañar independencia para levar adiante políticas, pois os concellos en mala situación económica teñen que elaborar un plan económico financeiro que debe ser supervisado e aprobado polo Estado.