Escoitar

Caballero subliña que a mellora da red electrica en Castrelos beneficiará a uns 3.000 veciños

O alcalde visitou este martes os traballos de mellora da rede de distribución eléctrica en Castrlos, cun investimento de 315.000 euros a cargo de Fenosa para substituir e soterrar dous centros de transformación e case 1,5 quilómetros de liña de media tensión.

martes, 26 xul 2016
1469536814obracastrelos.JPG
Nunha visita xunto a tenente de alcalde e presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o segundo tenente de alcalde e edil de Fomento, David Regades, o alcalde de Vigo valorou a "importancia" desta mellora no entorno do parque e da igrexa de Castrelos, coa substitución de dous centros de distribución "que están a vista" por un novo soterrado, ademais do soterramento de case 1,5 quilómetros de liña de media tensión. Caballero indicou que sobre 3.000 veciños se van beneficiar, "e moito", desta actuación.

Os vellos centros aéreos, explicou o primeiro edil, serán cambiados por un novo centro de transformación de interior con telemando, reducindo o impacto visual das instalacións, que "practicamente desaparece". Para facer estes traballos, engadiu, aprovéitase os traballos de humanizacións previstos na zona. Abel Caballero concluiu que "hoxe por fin" se resolve "unha obra tan importante, cunha gran demanda cidadá".
Descargar todas as imaxes