O Concello de Vigo, entre os mellores de España no pago aos proveedores
A sesión plenaria deste martes tomou coñecemento do informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos de pago no segundo trimestre deste ano, onde o Concello de Vigo se sitúa á cabeza das cidades españolas ao abonar oito días antes do inicio dos trinta días de periodo legal previsto.
O edil de Facenda do goberno local, Jaime Aneiros, explicou que o prazo vigués de pago a proveedores sitúa ao Concello de Vigo á cabeza das cidades galegas e cos mellores de España. A administración viguesa abonou as súas obrigas oito días antes de que comece o periodo legal para facelo.
Collendo o dato de abril deste ano, proporcionado polo Ministerio de Facenda, Aneiros subliñou que o Concello pagou en -8,23 días, moi por debaixo de urbes con similar cantidade de pagos abonados, coma Sevilla (31,3 días), Zaragoza (37,3), Palma de Mallorca (37,6) ou Xixón (26,5 días), entre outras. No tocante a Galicia, a situación repítese, pois Santiago (con 28,1 días), A Coruña (con 33,3 días) ou Ourense (con 25,8) superan o dato vigués. O concelleiro de Facenda concluiu que estas cifras reflicten a "eficacia" do Concello de Vigo no pago aos seus proveedores.
Os grupos da oposición valoraron tamén favorablemente as conclusións do informe. A voceira do PP, Elena Muñoz, indicou que "é positivo" que se afronten as obrigas neste prazo mais apuntou que este foi menor o ano pasado. Rubén Pérez, pola Marea de Vigo, valorou o "esforzo" que están a facer as grandes cidades nesta mellora e apuntou que esta ten que ser a "senda" para que a administración non sexa "un problema" para os proveedores.
Orzamento
O Pleno deste martes tamén abordou o estado de execución das contas deste ano durante o segundo trimestre, onde o Concello está a realizar unha "boa xestión económica", en verbas do concelleiro de Facenda, con pagos algo superiores aos 92 millóns de euros sobre os 95 recoñecidos.
Jaime Aneiros certificou que o capítulo de pasivos financeiros está executado ao 100%, o que deixa ao Concello de Vigo nunha situación de débeda cero cos bancos, en termos reais e financeiros. O estado da Tesourería municipal no segundo trimestre sitúase en 46,2 millóns de euros.
O edil vigués apuntou, no seu repaso aos gastos xa realizados, os 5 millóns adicados á subvención do transporte urbano aos usuarios, as bolsas de inglés para estudantes, os máis de 325.000 euros en reparacións en colexios e as subvencións a clubs deportivos de elite e de base, entre outros.
No relativo á oposición, Marea de Vigo manifestou rexeitar a "cultura da débeda cero", que definiu como "neoliberal", e asegurou non ver o porqué de amortizar débeda cando o Concello ten unha boa situación económica e fiscal. Rubén Pérez censurou que os investimentos estean ao 4% de execución no segundo trimestre do ano e puxo en dúbida que estas obras conleven "retorno" en emprego creado ou consolidado.
O Partido Popular, pola súa banda, asegurou que o Concello vai "máis lento que nunca" na execución do orzamento, cun investimento dun millón sobre os 25 orzamentados para este ano. Elena Muñoz viu "rémoras" para o resto do ano en ter o 66% do plan de emprego, das partidas de turismo e de comercio pendente de gasto.
O goberno de Vigo, a través do concelleiro de Facenda, pechou o debate asegurando que os ratios de execución rondan o 40% para os primeiros seis meses e que a finais de ano estará todo o orzamento executado. Sobre as obras, Aneiros subliñou que detrás de cada obra do Concello hai "moito emprego" e xeración de actividade económica, máis relevante nun contexto no que o sector privado "non tira".