Escoitar

O Concello deseña un campus da Universidade no centro para ofrecer máis postos de lectura

Vigo contará un campus universitario dentro da cidade na zona na que se atopan na actualidade a Escola de Enxeñaría Industrial, o Politécnico e a Escola de Empresariais. Así llo comunicou ás responsables deste último centro docente coas que mantivo esta mañá un encontro na Alcaldía.

venres, 29 xul 2016
1469796441empresariales.JPG
O alcalde avanzou esta mañá que o goberno local está a traballar no deseño dun campus da Universidade no centro da cidade para ofrecer máis prazas de estudo, tal e como demandan os estudantes. Este novo eixo universitario estaría formado pola Escola de Enxeñaría Industrial, a Escola de Empresariais, o Politécnico e o Auditorio Mar de Vigo, onde xa están proxectadas 500 novos postos de lectura. A pesar da posta en marcha da que será xa a "maior biblioteca de Vigo", Caballero recoñeceu que probablemente estas prazas serán insuficientes dada a gran demanda de postos de lectura que hai na cidade.

O rexedor abordou esta cuestión coas responsables da Escola de Empresariais coas que mantivo esta mañá un encontro na Alcaldía e coas que acordou a cesión do edificio para outros dez anos.
Descargar todas as imaxes