Escoitar

O goberno vigués instala un pavimento experimental no paso de peóns do ascensor de Menéndez Pelayo

Caballero informou hoxe martes da instalación dun novo pavimento, "experimental", no paso de peóns sobreelevado de Menéndez Pelayo, fronte ao ascensor inclinado que conecta coa Avenida das Camelias. O alcalde explicou que é "moi visible" para vehículos e peóns e ten un compoñente adherente para axudar á freada. <br />

martes, 21 xuñ 2016
O Concello de Vigo vén de colocar un novo pavimento, con carácter "experimental", no paso de peóns sobreelevado de Menéndez Pelayo, fronte ao ascensor inclinado.

Este novo solo, incluído nas obras de construción do elevador, supón unha mellora da visibilidade tanto para os vehículos como para os peóns, conta cun compoñente adherente para axudar á freada e presenta unha alta durabilidade, afirmou Caballero, quen subliñou tamén o seu cariz estético.