Escoitar

Caballero felicita aos traballadores e dirección de Benteler polo seu décimo aniversario

Abel Caballero participou este martes no acto de celebración do décimo aniversario da factoría de automoción, situada no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares, onde felicitou aos traballadores e aos directivos polo "gran traballo" que levan adiante. <br />

martes, 21 xuñ 2016
1466512911benteler.JPG
Caballero recordou que participara no 2006, daquela como presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, na apertura dunha factoría que contaba entón con 76 traballadores e hoxe suma case 300 empregados. O alcalde subliñou asemade que Benteler exporta o 30% da súa produción, o que amosa o "gran desenvolvemento" dunha "gran industria" do ámbito da automoción viguesa. Ademais, amosouse satisfeito pola "enorme capacidade de Benteler para xerar valor engadido" e felicitou ao cadro de persoal e á dirección da empresa polo labor desenvolvido nestes anos que "merece o aplauso da cidade".
Descargar todas as imaxes