O Concello rotula a rúa Carlos Oroza con versos do seu poema "Malú" en letras de bronce
Esta acción, que forma parte das actividades complementarias do II Programa de Medianeiras do Concello, supuxo a instalación en letras de bronce duns versos do poema "Malú", de Carlos Oroza, na rúa que leva o seu nome, a antiga Travesía do Príncipe.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou este martes que a instalación destes versos do poeta na céntrica rúa que leva o seu nome é "unha mostra do noso recoñecemento permanente a Carlos Oroza". En letras de bronce, desde hoxe pode lerse "Oh eva, évame malú, évame malú".