O alcalde pon en valor o programa de medianeiras que "transforma o feísmo en cor, vida e arte"
O CEIP Sárdoma Moledo presentoulle este luns ao rexedor e á primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, o mural co que decoraron unha das paredes exteriores do centro, que é unha homenaxe ao escultor e canteiro Silva Novas. As creacións artísticas en centros de ensino é unha das actividades do II Programa Municipal para arrumbar medianeiras que este luns ofrece diante do MARCO o concerto de Su Garrido e Treme ás 20:30 horas.
Abel Caballero visitou este luns, acompañado da primeira tenente de alcalde Carmela Silva, o CEIP Sárdoma Moledo que participa nas actividades complementarias do II Programa municipal para arrumbar medianeiras coa decoración dun dos muros exteriores do centro.
Neste caso, o profesorado e o alumnado decidiu facer unha homenaxe a Silvino Silva Novas, un canteiro e escultor vigués afincado en Sárdoma Moledo que ten varias obras repartidas pola cidade. É o autor, entre outras, dunha das fontes de Castrelos, do cruceiro do Castro e doutro que ten o colexio no seu recinto. Agora, o seu rostro pintado en cor branca e azul, loce nun dos muros exteriores do colexio. Ademais, o alumnado presentoulle ao alcalde un vídeo no que cantan e bailan promocionando a cidade.
Con estas actividades o Concello quere dinamizar os espazos dos centros de primaria e secundaria coas composicións do alumnado, habendo outros seleccionados que tamén están traballando nos seus muros exteriores. Son o CEIP Balaídos, o CEIP Igrexa Candeán, o CEIP Emilia Pardo Bazán (Chouzo), IES A Guía, ASPANAEX e APAMP.
Para o alcalde, as medianeiras son "un fenómeno de recuperación da arte na rúa, da modernidade e de transformar o feísmo en cor e vida; en arte".
Música na rúa
As actividades complementarias do II Programa para arrumbar medianeiras tamén leva a música á rúa. Hoxe haberá concerto diante do MARCO de Su Garrido e Treme ás 20:30. Mañá martes para celebrar o Día Internacional da música a Orquesta Clásica de Vigo ofrecerá concertos en distintos espazos do Casco Vello: ás 18:00 e 19:00 horas na Travesía da rúa Esperanza coa rúa Funil; ás 18:30 e 19:30 horas en Joaquín Yáñez con Fermín Penzol e ás 20:00 e 21:00 horas o concerto será na Praza da Igrexa.
Tamén este martes, o Concello homenaxea a Carlos Oroza cos instalación duns versos do seu poema "Malú" na confluencia da rúa do Príncipe coa Porta do Sol reproducidos en letras de bronce nas que se poderá ler "Oh eva, évame malú, évame malú". Caballero sinalou que o goberno local quere que "a poesía de Vigo ocupe as rúas de Vigo e nelas quedará para sempre este poema de Carlos Oroza".
Ademais, continúan os obradoiros artísticos na rúa, Urbanizarte, dentro do programa de medianeiras, que se desenvolven neste luns en Coia.
Descargar todas as imaxes