Escoitar

O goberno de Vigo traslada aos usuarios a norma de acceso dos "scooters" de discapacitados ao bus

O alcalde de Vigo celebrou este venres unha reunión cos responsables de COGAMI, APAMP e usuarios de cadeiras de rodas motorizadas para estudar a instrución elaborada polo Concello que permitirá o acceso ao autobús urbano. Caballero explicou que elevará esta solución á Federación Española de Municipios e Provincias.

venres, 17 xuñ 2016
1466167675scooters.jpg
O alcalde de Vigo presentou este venres aos principais colectivos de usuarios a instrución que ultima o goberno que preside e que permitirá o acceso ao autobús urbano das cadeiras de rodas motorizadas. Caballero explicou que elevará esta norma, coa que "queremos garantir a accesibilidade e a seguridade", á Federación Española de Municipios e Provincias para que poida ser aplicada por todos os concellos españois.

O texto, informou Caballero, require do usuario situarse a contramarcha no espazo reservado e sinalizado ao efecto, facendo uso dos elementos de seguridade. O goberno de Vigo estipula para o acceso ao autobús urbano un tamaño máximo dos "scooters" -que "practicamente todos cumpren", precisou- e que non excedan os 300 quilos de peso total. Tamén se solicita dos beneficiarios ter recoñecida unha condición legal de discapacidade.

O alcalde de Vigo avanzou que se formará aos usuarios destas cadeiras de rodas no acceso e saída do autobús, ademais da súa mobilidade no interior e tamén nas anclaxes de seguridade, para familiarizarse no procedemento. Engadiu o primeiro edil que se contactará con todos os interesados desde a próxima semana e se comezará a citalos ao efecto.

Autobús ás praias
Abel Caballero tamén anunciou hoxe que, desde o próximo luns, as liñas C3, L4C e L23 do autobús urbano amplían ata as praias os seus percorridos habituais. A C3 irá desde Bouzas e Coia ata Samil, a L4C desde Coia ata Samil-Vao e a L23 desde Martín Echegaray ata Samil.
Descargar todas as imaxes