venres, 17 xuñ 2016
O alcalde de Vigo celebrou este venres unha reunión cos responsables de COGAMI, APAMP e usuarios de cadeiras de rodas motorizadas para estudar a instrución elaborada polo Concello que permitirá o acceso ao autobús urbano. Caballero explicou que elevará esta solución á Federación Española de Municipios e Provincias.
venres, 17 xuñ 2016
O alcalde participou este venres na descuberta de inscricións nos pasos de peóns da cidade con mensaxes que avogan pola seguridade viaria e animou á cidadanía a participar o domingo na carreira "Ponlle freo" que recadará fondos para a Asociación Alento de Dano Cerebral.
venres, 17 xuñ 2016
O rexedor asistiu este venres á inauguración da residencia "O Lecer Senior Care" que acaba de entrar en funcionamento en Matamá con vinte prazas dispoñibles para as persoas maiores. No centro tivo a oportunidade de coñecer as instalacións e saudar ao persoal e aos residentes.
venres, 17 xuñ 2016
Dirixidas a alumnos/as matriculados/as en centros docentes públicos ou privados concertados, en educación infantil (2º etapa), educación primaria e educación secundaria obrigatoria.Prazo aberto ata o 2 de Xullo.
venres, 17 xuñ 2016
A concellería de Educación convoca a preinscrición para o vindeiro curso 2016-2017 nas súas Escolas Municipais de Música e Artes: Escola Municipal de Música de Vigo, Escola Municipal de Música Tradicional e Folk, Escola Municipal de Teatro, Escola Municipal de Danza e Escola Municipal de Artes e Oficios.
venres, 17 xuñ 2016
As solicitudes presentaranse ata o 27 de xuño, de 9:00h a 13:30h no rexistro deste Concello, xunto coa documentación necesaria.A convocatoria vai destinada a persoas con discapacidade que teñan recoñecida unha minusvalía que afecte gravemente a súa mobiliade, impedíndolle a utilización dos transportes públicos colectivos.
venres, 17 xuñ 2016
Concesión de axudas para asociacións veciñais e sociedades culturais, que operan no movemento veciñal, para o desenvolvemento das súas actividades sociais a traves dos programas:<br />
Programa I: Gastos de mantemento<br />
Programa II: Gastos en investimento: equipamento<br />
Programa III: Gastos en investimento: obras e adquisición de inmobles<br />
venres, 17 xuñ 2016
Convócanse os seguintes cursos monográficos, que terán lugar nas aulas e talleres da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo no mes de xullo de 2016.Datasde celebración: laborables do 4 ao 15 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas Condicións e inscripción na web do Concello de Vigo en: http://hoxe.vigo.org/movemonos/emao16.php