O Concello inviste 3 millóns e medio de euros na humanización das rúas Camelias, Álvaro Cunqueiro e Estorniño
Os proxectos de humanización destas tres rúas recibiron hoxe o visto bo da Xunta de Goberno Local de maneira que, segundo o alcalde, con este orzamento o Concello fará "máis humanizacións que cada un dos alcaldes antes de que eu chegara". Ademais o Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou a cesión de catro vivendas sociais para que a Concellería de Igualdade as inclúa na rede de vivendas de protección para mulleres.
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres os proxectos de humanización das rúas Álvaro Cunqueiro, Avenida das Camelias e Estorniño cun investimento conxunto de case 3 millóns e medio de euros, unha cifra que salientou Abel Caballero ao supoñer "máis que as humanizacións que fixeron cada un dos alcaldes antes de que eu chegara", recalcando que "seguimos coas humanizacións masivas".
O alcalde detallou que a humanización da rúa Álvaro Cunqueiro será na súa coroa circular interior onde se renovará toda a beirarrúa, a rede de augas fecais, a de rego, a rede semafórica, o mobiliario urbano e a iluminación cun presuposto de 1.250.000 euros nun prazo estimado de catro meses.
A humanización da Avenida das Camelias entre a rúa Doutor Marañón e a rúa Juan Ramón Jiménez incluirá a substitución das tubaxes de fibrocemento por fundición, nova canalización de PVC, renovación do pavimento, das beirarrúas e a instalación de bancos, papeleiras e xardineiras cun investimento de 1 millón de euros.
No caso da rúa Estorniño, as obras abranguerán desde a avenida Alcalde Gregorio Espino ata a rúa Gaivota ampliando as beirarrúas e o espazo para os peóns, renovando o saneamento, abastecemento, o mobiliario urbano e coa novidade da plantación de 12 cereixeiras nos espazos axardinados. O investimento será de 1.149.000 euros. Ademais, o rexedor anunciou que o Concello realizará un asfaltado "practicamente xeneralizado" na zona de vivendas unifamiliares, no rural.
Ademais, quedou aprobado o Convenio de colaboración coa Asociación de Amas de Casa e Consumo "Agarimo" para axudar ao financiamento do seu local social por un importe de 13.000 euros.
Catro vivendas para a atención ás mulleres
O Consello da Xerencia de Urbanismo deu luz verde esta mañá á cesión á Concellería de Igualdad da adxudicación e uso de catro vivendas para seren incluídas na rede municipal de vivendas de protección para mulleres en situación de especial vulnerabilidade. Segundo explicou o rexedor, pode tratarse de vítimas de violencia de xénero ou de mulleres que atravesen unha situación na que precisen esa vivenda municipal para instalarse cos seus fillos.