Escoitar

O Concello destina 26.000 euros a custear a viaxe dos nenos saharauís que pasan o verán en Vigo

O alcalde asinou este xoves o convenio de colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para colaborar co programa anual "Vacacións en paz" do ano 2016 que, cun importe de 26.000 euros, servirá para custear os traslados dos cativos para pasar o verán con familias viguesas, das que eloxiou o seu "labor humanitario" nesta causa.

xoves, 16 xuñ 2016
1466079993sahara.jpg
Abel Caballero e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí asinaron hoxe o convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa de acollemento familiar temporal "Vacacións en paz 2016".

O goberno municipal achega 26.000 euros para aboar as viaxes dos nenos e nenas saharauís desde os campamentos de refuxiados de Tindouf en Alxeria ata Vigo, onde pasarán os meses de xullo e agosto con familias da cidade. Ademais, presta apoio na busca e selección das familias e no seguimento do traslado e da estadía.

O rexedor puxo en valor o "labor humanitario" que realizan as familias acolledoras viguesas e instou á Xunta de Galicia a colaborar con este fin que "é algo tan imporate que debería facerse" e anunciou que Vigo seguirá apoiándoos "con independencia do que fagan outras institucións".
Descargar todas as imaxes