Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 16 xuñ 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 17 DE XUÑO DE 2016.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 3 de xuño de 2016.

DEPORTES
2.- Bases e convocatoria específica para o desenvolvemento do Proxecto de subvencións orientadas a potenciar programas de participación de deportistas da Cidade de Vigo en competicións oficiais de alto nivel de carácter internacional na tempada deportiva 2015/2016. Expte. 15112/333.

3.- Proposta de aprobación do proxecto de obras de "Accesos e cubrición na piscina da ETEA". Expte. 15066/333.

4.- Proposta de autorización da organización do carreira "PONLE FRENO" o vindeiro 19 de xuño de 2016. Expte. 15088/333.

5.- Proposta de autorización da organización da XXXIII Carreira de San Xoan, o vindeiro xoves 23 de xuño de 2016. Expte. 14832/333.

DIRECCIÓN DE INGRESOS
6.- Dar conta da resolución de 31.05.16, do concelleiro delegado de Orzamentos e Facenda, pola que se aproba o Padrón fiscal da taxa de recollida do lixo de vivendas do exercicio 2016. Expte. 50073/513.

EMPREGO
7.- Recoñecemento de dereitos económicos pola asistencia a tribunais de selección de beneficiarios/as da convocatoria do "II Plan de conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais 2015", da Deputación de Pontevedra.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
8.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Amas de Casa e Consumo "Agarimo" para axudar ao financiamento dos gastos de mantemento e aluguer do local social, necesarios para o desenvolvemento das actividades da entidade para do ano 2016. Expte. 7344/320.




RECURSOS HUMANOS
9.- Reclamación administrativa previa á xurisdición laboral por recoñecemento de dereito e cantidades da categoría de xefa de negociado. Expte. 27760/220.

SEGURIDADE
10.- Revisión de prezos do contrato de subministración, mantemento e conservación da rede semafórica. Expte. 95611/210.

SERVICIO DO ÁREA DE CULTURA
11.- Fixación de prezos de venda de entradas para os concertos de pagamento do Festival de Jazz "Imaxina Sons'16". Expte. 867/330.

URBANISMO
12.- Proposta relativa á aceptación da concesión administrativa, sen canon de utilización, para a ocupación da superficie sobre o falso túnel ferroviario e o túnel de acceso rodado no eixe Atlántico de alta velocidade acceso Norte a Vigo, nova estación de Vigo-Urzáiz, infraestructura ferroviaria entre os PP.KK 0+571,8 ao 0+428 no termo municipal de Vigo. Expte. 143/403.

13.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 17 de xuño de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 15 de xuño de 2016.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.