2.948 persoas solicitan as axudas do programa municipal para familias
Abel Caballero informou hoxe do número de solicitudes presentadas no Concello para recibir axudas para afrontar o pagamento do alugueiro, a alimentación e os subministros de enerxía. A expensas das que puideran realizarse a través doutros rexistros, realizáronse 2.948 peticións, un 5% máis que na convocatoria do ano 2015.
Tras finalizar o prazo habilitado para realizar este trámite, Abel Caballero informou hoxe de que 2.948 persoas realizaron a solicitude para seren beneficiarias do Programa de Axudas a Familias, co que poderen afrontar o pagamento do alugueiro, a alimentación e as facturas dos subministros enerxéticos neste ano 2016.
A falta de coñecer as peticións realizadas a través doutros rexistros, o rexedor sinala que incrementaron un 5% respecto ao ano pasado cando se presentaron 2.811.
Caballero lembrou que o Concello destina ao Programa de Ayudas a Familias 1.610.000 euros e 802.000 ao programa para evitar os desafiuzamentos, polo que suma case dous millóns e medio de euros a este fin "sendo o Concello de España con máis política social". Engadiu tamén que para axudar ás familias neste contexto de dificultades económicas "Aqualia non corta a auga a ninguén" e está desenvolvemento un programa co Concello para pagar seis meses da factura ás familias que o precisen.