Escoitar

O goberno local organiza unha macro-clase de ioga como apoio á candidatura das Cíes a Patrimonio da Humanidade

O 21 de xuño é o Día Internacional do Ioga e Vigo súmase á xornada cunha macro-clase -denominada IOGACÍES- na explanada do Náutico. Explicou o alcalde que son 200 os inscritos ata o momento nunha acción de máis de dúas horas acompañada de exhibicións e música en directo para apoiar a candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade.

xoves, 16 xuñ 2016
Co mesmo obxectivo de apoiar e promocionar a candidatura do arquipélago vigués, Abel Caballero anunciou que esta fin de semana se celebra un retiro nas Illas Cíes con clases guiadas de ioga en plena natureza.