O goberno de Vigo arranca o socorrismo e salvamento en dez praias con máis de 80 profesionais
Segundo informou este xoves Abel Caballero, o goberno de Vigo xa iniciou o servizo de socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria en dez areais vigueses. Funcionará ata o 15 de setembro e o Concello adica 426.000 euros. Tamén traballan no litoral vigués e nas Illas Cíes 16 axentes da unidade Costa e Praia da Policía Local. <br />
O Concello de Vigo iniciou onte mércores, e ata o próximo 15 de setembro, o servizo de vixilancia, socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria de primeiros auxilios, cun investimento de 426.000 euros e un dispositivo formado por 81 profesionais en dez areais vigueses.
Este servizo municipal prestarase nos areais de A Punta (Teis), O Tombo do Gato, Argazada (Alcabre), Samil, O Vao, Fontaíña (Coruxo), Canido (San Miguel de Oia), Fortiñón (Saiáns), Rodas e Figueiras (Illas Cíes). O servizo de socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria está composto por 65 profesionais, desde un coordinador ata enfermeiros, auxiliares de primeiros auxilios, un operador de telecomunicacións, condutor de ambulancia, socorristas acuáticos, persoal de Protección Civil en vehículos e embarcacións, etcétera.
Por outra banda, o Concello activa á Unidade de Costa e Praia da Policía Local, dotada de 16 axentes que, con base en Samil, prestan servizo a todo o litoral vigués. O alcalde de Vigo enfatizou o traballo que realizan os axentes nas Illas Cíes, onde cada fin de semana están entre catro e seis axentes desde a tarde do venres ata a do domingo, noites incluídas, e nas xornadas de diario van polo menos dous efectivos policiais.
Abel Caballero valorou este dispositivo municipal como un "activo moi importante" xa que "queremos ter o máximo de seguridade" posible nas praias e recordou que a entidade que concede as bandeiras azuis afirma que Vigo é un "caso aparte", explicou, pois mentres a maioría de concellos reduce o operativo de salvamento e socorrismo, a cidade olívica incluso o incrementa.