O alcalde ofrece novamente a cooperación dos Bombeiros para mellorar o protocolo do 112
Caballero volveu ofertar este venres á Xunta de Galicia a colaboración de Vigo para cambiar o protocolo do 112 en caso de lumes, xa que o actual "está funcionando mal". O rexedor explicou que o 112 non está a requirir a actuación dos Bombeiros de Vigo: ou non son chamados ou, se reciben o aviso, só son informados.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu requirir da Xunta de Galicia a elaboración dun novo protocolo de actuación do 112 en caso de lumes, xa que o actual "está funcionando mal", e puxo a disposición autonómica unha comisión técnica e a "cooperación dos técnicos dos Bombeiros de Vigo" para a súa elaboración.
Segundo explicou Caballero, os Bombeiros de Vigo reciben a chamada do 112 e informan dun incidente, pero non din se os efectivos de extinción vigueses deben ou non saír. O alcalde recordou que os bombeiros teñen que ser requiridos para actuar fóra de Vigo. Ademais, en numerosas ocasións nin sequera están sendo avisados.
O rexedor puxo algúns exemplos do último mes. O 112 non chamou aos Bombeiros de Vigo nun accidente na ponte de Rande de dous camións, con persoas atrapadas, un caso que está "a cinco minutos do noso parque". O responsable dos Bombeiros de Vigo chamou para preguntar e respondéronlle que era o protocolo. Citou tamén o incendio nun camión en Redondela, no que se recibe a chamada da Policía Local de Redondela e non do 112. No caso do incendio nunha vivenda de Fornelos de Montes, segundo explicou o alcalde, o 112 avisou aos bombeiros de Porriño e de Avión. Así, Caballero instou á Xunta de Galicia a que "tome este problema moi en serio".