O alcalde anima á acudir á gala Bailemos todos por los peques, en beneficio de Unicef
O sábado 9 de xullo daránse cita no Teatro Salesianos un centenar de artistas para Bailar por los peques, unha gala organizada en favor de Unicef. Este evento, que conta coa colaboración de sete academias de baile, permitirá ao público gozar dunha exhibición que incluirá mostras de distintos bailes de todo o mundo
Baixo a organización de Pequitas y Cía e Piyopi Animacións -entidade española sen ánimo de lucro con máis de 20 anos de traxectoria- , chegará o sábado 9 de xullo o espectáculo Bailemos todos por los peques. As 19,30 horas dará comezo no Teatro Salesianos unha exhibición de bailes do mundo no que participarán un centenar de artistas e o custe da entrada é de dos euros. En rolda de prensa, o rexedor animou á cidadanía a asistir, dado o carácter benéfico do evento, xa que o 100% da recadación será para Unicef.
Bailemos todos por los peques conta coa colaboración das seguintes entidades: Vigo Bailando, Escuela de Miriam Pino, Factory Dance, Unidance, Instituto de la Salsa, As Vagalumes, Dance Academy, ademais de Deportes Jalda.
Descargar todas as imaxes