O Concello estima que o bus urbano chegará aos 24 millóns de viaxes anuais co transporte metropolitano
O alcalde amosou este venres o seu agrado pola presenza, o próximo mércores no Concello, do presidente da Xunta para asinar a entrada de Vigo no transporte metropolitano. Caballero estimou que as viaxes no bus urbano poderían incrementarse en dous millóns e medio, ata os 24 millóns anuais.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinará o próximo mércores no Concello o convenio de entrada da cidade no transporte metropolitano, acto que contará coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e ao que o goberno vigués está a invitar aos máximos responsables dos municipios incluidos no plan. Caballero manifestou estar "encantado" do interese amosado polo presidente autonómico de estar presente na sinatura do acordo.
O alcalde explicou que as estimacións apuntan a ter 2,5 millóns de viaxes máis no bus urbano tras a sinatura do acordo, co que o total anual podería acadar os 24 millóns de viaxes anuais. O rexedor vigués recordou que o Concello pagará 46 céntimos por cada viaxe no bus urbano de usuarios do transporte metropolitano, que contarán ademais con 45 minutos para realizar transbordos de balde noutras liñas do VITRASA.
"Agora é Vigo quen lidera a Área Metropolitana e o transporte metropolitano", apuntou, de case medio millón de persoas, "é unha boa conxunción", concluíu Caballero.