Escoitar

O alcalde convida á cidade a divertirse e gozar dunhas festas "excepcionais"

Abel Caballero presentou a programación "Vigo en festas 2016" que inclúe actividades para todos os públicos con cinco grandes concertos en Castrelos da, o Festival Illas Cíes, o Festival Folclórico Internacional e actuacións de corais e bandas de música, cunha presenza destacada de grupos vigueses. O rexedor festas excepcionais e invito a toda a cidade a divertisra pasalo ben a e agozar as festas.

venres, 1 xul 2016
1467375361FESTAS.jpg
O alcalde, acompañado da Concelleira de Festas, Laura Iglesias, presentou este venres o programa "Vigo en festas 2016" pensado para todos os públicos, gustos e afeccións. Dixo Caballero que estas son "as mellores festas que se terán feito nunca na cidade" e convidou a todas as viguesas e vigueses a "divertirse e gozalas".

Desde o 8 de xullo ao 20 de agosto, o Concello organiza concertos ao aire libre en Castrelos, espectáculos e animación infantil nos barrios, os Festivais Illas Cíes, Reggae de Vigo e o Festival Folclórico Internacional, actividades de cultura urbana como O Marisquiño, Vikul e Street Stunts así como actuacións de bandas de música, corais e festas gastronómicas.

Concertos en Castrelos
O Auditorio ao aire libre de Castrelos acollerá 5 grandes concertos: Anthrax e Aphonnic o 19 de xullo ás 22:30 horas; Antonio Orozco o 20 de xullo ás 23:00h, o espectáculo "La Noche Movida" que reúne a artistas como Jaime Urrutia, Pablo Carbonell, Coti, Javier Gurruchaga, Nacho Campillo, Nacho Vega e Alejo Stivel o 22 de xullo ás 22:30h. Un día despois tocan Auryn ás 22:30 horas e o día 30 haberá concerto da Coral Casablanca ás 23:00 horas da noite con entrada libre.

Castrelos tamén acollerá dous espectáculos cativo-musicais gratuítos: Furious Monkey Mouse o 26 de xullo ás 20:00 horas e Magical 2 o 27 de xullo ás 20:00 horas. Ademais, para os máis pequenos da casa haberá talleres e actividades nos barrios entre as 17 e as 20 horas do serán: en Urzáiz, Colón e Príncipe o 1 agosto, o 2 na rúa peonil do Calvario, o 3 de agosto en Bouzas, o 4 en Teis, o 5 na Praza da Independencia e en Navia o 5, 6 e 7 de agosto. Aínda en Navia, o 3 e 4 de setembro desenvólvese o Festival Infantil PLIS-PLAS con actividades de teatro, música, contacontos, xogos, deportes e baile.

Tamén para os nenos, O Son das Mámoas ofrece actuacións musicais e actividades infantís no Campo de Fútbol de Candeán, o 23 de xullo ás 18:00 horas da tarde.

Festival Illas Cíes e cultura urbana
Unha das citas destacadas do programa é o Festival Illas Cíes, que abrangue tres concertos no Auditorio MAR DE Vigo: Toquinho e Maria Creuza o 9 de xullo ás 22:00 horas, Quilapayún o 14 de xullo ás 22:00 horas e Steve Vai o 25 de xullo ás 21 horas.

A cultura urbana terá este ano tres citas salientables: o XVI Marisquiño que se celebra entre o 12 e o 14 agosto no Paseo das Avenidas e na Praza da Estrela, o Vigo Street Stunts, Body Extreme, entre o 8 e o 10 de xullo no Paseo das Avenidas entre as 17 e as 20 horas, e Vikul, Danza urbana os días 14 e 16 de xullo na Porta do Sol e o 17 de xullo no Auditorio Mar de Vigo.

O programa Vigo en Festas 2016 inclúe outros concertos como o de Malú no IFEVI o 5 agosto ás 22:30h, a xira de verán de Cadena Dial no Areal o 21 de xullo ás 20 horas e The Original Blues Brothers Band, o 20 de agosto ás 23:00 horas na Porta del Sol. Ademais, o Concello organiza dúas citas de estilos diferentes: o Midnight Water Colour Festival con DJ'S en Samil, que se celebra o 30 de xullo dende as 18:00 horas e o Festival Reggae de Vigo, cos seguintes concertos no Paseo de Alfonso XII ás 22:00 horas: o 22 de xullo, Iyaman Pablo&Irie Vibes Band, o 29, Goymamba e, en agosto, o 5, Elephants Yard, o 12, Natural Green, o 19 agosto, Napalma e o 26, DJ Negralha.

Festival Folclórico Internacional
O Festival Folclórico Internacional seguirá fiel á súa cita co público vigués, este ano coa participación dos grupos PRNJAVOR (Serbia), Fama (Colombia), Sol Argentino (Arxentina), La Fiera (Zaragoza) e os olívicos Asociación Folclórica Corisco, Lembranzas galegas e Banda de Gaitas Xarabal. Actuarán nos barrios do 19 ao 23 de xullo en San Miguel de Oia, Cabral, San Andrés de Comesaña, Beade e Valadares. Farán animación nas rúas entre o 20 e o 23 de xullo na Praza do Emigrante, Calvario, Praza da confluencia de Sanjurjo Badía e Santander e na Porta del Sol. O Festival clausúrase o 24 de xullo ás 20:00 horas cun desfile dos grupos por García Barbón e Policarpo Sanz e unha actuación conxunta no en Auditorio Afundación.

As bandas de música viguesas terán o seu espazo como cada ano na programación de festas con concertos no Calvario ás 20 horas: a Banda de Cabral o 9 de xullo, a banda de Valadares o 16 e a de Candeán o 23 de xullo. Haberá actuacións na Praza da Princesa ás 12:30 horas da mañá: Lira San Miguel Oia o 10 de xullo, a Escola de Música de Candeán o 17 de xullo e As delicias do Caeiro o 24 de xullo. No mesmo escenario pero ás 20:30 horas do serán ofrecerán concertos as bandas: Atlántida Matamá o 4 de agosto, As Delicias do Caeiro, o 5 agosto, o 8 o Ateneo Musical Bembrive, a Unión Musical Cabral, o día 9, a Escola de Música Beade o 10 de agosto, a Escola de Música de Candeán o 11 de agosto, o 12 a Unión Musical de Valadares, o 13 de agosto, a Lira San Miguel de Oia e o 14 a Unión Musical de Coruxo. Ademais, as bandas participan no Ciclo Música de cine que se desenvolve na Praza da Princesa os días 27, 28, 29 e 30 de xullo ás 21:30 horas e o día 31 de xullo estarán nos Orfeóns de ACOPOVI no Auditorio Mar de Vigo ás 20:30 horas.

Festa da Cultura
Os grupos vigueses que forman parte de Vigosónico, terán o seu espazo este ano nas festas da cidade que organiza o Concello con actuacións na Porta do Sol o 22 e 23 de xullo, en horario de mañá e tarde, onde tamén participarán grupos folclóricos da cidade.

A Noite Branca programa exposicións, visitas guiadas, concertos musicais e actividades nos Centros da Rede de Museos do Concello o 12 agosto entre as 20:00 e as 02:00 horas da madrugada.

En Vigo non faltarán as festas gastronómicas: a da Sardiña, na Carballeira da Guía, os días 30 e 31 de xullo; a do Pulpo en Monte dos Pozos, Valadares, o 14 de agosto e a do Mexillón no Parque Castrelos o 4 de setembro.

Outra das citas clásicas do verán de festas vigués é o Festival Poético Piromusical de Bouzas que se celebra o 17 de xullo dende as 23:00 horas.

A cita co pasado da cidade terá lugar coa celebración do V VICUS SPACORUM, a festa de recreación da época romana, que será no Parque de Navia o 10 e 11 de setembro.
Descargar todas as imaxes