Escoitar

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS Á REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NAS ARIS DE VIGO. PLAN ESTATAL REHABILITACIÓN 2013-2016

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo de 17.06.2016, acordou a publicación da NOVA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS Á REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NAS ARIS DE VIGO CON FINANCIAMENTO DO PROGRAMA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANAS DO PLAN ESTATAL DE FOMENTO DO ALUGAMENTO DE VIVENDAS, A REHABILITACIÓN EDIFICATORIA E A REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANAS, 2013-2016, segundo convenios e addendas asinados o 27.10.2015 e o 10.06.2016 entre Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e Concello de Vigo.

venres, 1 xul 2016
- As Bases Reguladoras están publicadas no BOP nº 229 do 26.11.2015 e na páxina web da Xerencia Municipal de Urbanismo.
- O prazo de presentación de solicitudes oficiais de axuda, finalizará o 30.07.2016 para a rehabilitación de edificios de uso residencial e vivendas incluídos nas ARI Casco Vello, ARIX Bouzas, ARIX Bueu–Moaña en Coia e ARIX Casas de Santa Clara no Concello de Vigo.
- As solicitudes deberán presentarse necesariamente segundo modelo normalizado do ANEXO II das bases reguladoras, no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 (LRJPAC) e dirixidas ao Concello de Vigo.
- Para calquera información poden comunicarse coa Oficina de rehabilitación no teléfono 986442560, ou no correo electrónico urb.rehabilitación@vigo.org