xoves, 21 xul 2016
Dous monitores explican aos viaxeiros as principais recomendacións á hora de subir, baixar e permanecer no autobús. Fan especial fincapé nas liñas de maior afluencia de público, que nesta época do ano se centran nas praias, no centro e nas do novo hospital e aeroporto. A campaña desenvólvese durante o mes de xullo e repartiranse máis de 3.000 folletos explicativos
mércores, 6 xul 2016
O alcalde recibiu este mércores ao novo xefe superior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez, tras o que Abel Caballero subliñou que "Vigo é un gran exemplo na suma de esforzos e na coordinación de accións para optimizar a seguridade", entre os sobre 900 efectivos de Policía Local, Nacional e Guarda Civil que operan na cidade.
venres, 1 xul 2016
Caballero volveu ofertar este venres á Xunta de Galicia a colaboración de Vigo para cambiar o protocolo do 112 en caso de lumes, xa que o actual "está funcionando mal". O rexedor explicou que o 112 non está a requirir a actuación dos Bombeiros de Vigo: ou non son chamados ou, se reciben o aviso, só son informados.
xoves, 30 xuñ 2016
Caballero explicou este xoves que na noite do venres as frecuencias dos autobuses serán de trinta minutos e que a liña N3 partirá desde a Avenida de Castelao. Para a noite do sábado, entre os N1, N2 e un servizo especial, haberá autobuses de Coia ao centro de Vigo cada quince minutos.
mércores, 29 xuñ 2016
<br />
O rexedor vigués anunciou este mércores que lle solicitou ao goberno autonómico adiantar a reunión, para hoxe mesmo ou mañá, para certificar a entrada de Vigo no transporte metropolitano. A conselleira de Infraestruturas da Xunta ofertara o venres ou dúas datas de xullo para a entrevista.
martes, 28 xuñ 2016
O rexedor vigués acudiu este martes á praia de Samil, onde saudou aos dezaseis efectivos que conforman a unidade Costa e Praia da Policía Local, parte dos máis de oitenta profesionais que traballan na seguridade, salvamento e socorrismo nos areais de Vigo, ata o 15 de setembro.
mércores, 22 xuñ 2016
Abel Caballero explicou este mércores que o servizo nocturno do autobús terá frecuencias de 15 minutos no acceso e saída de Samil, coas liñas N1 (no seu percorrido habitual), N2 (que se prolonga ata o areal) e cunha ruta especial. Na limpeza, o Concello habilita un dispositivo de 25 vehículos e 61 traballadores. <br />
martes, 21 xuñ 2016
Caballero informou hoxe martes da instalación dun novo pavimento, "experimental", no paso de peóns sobreelevado de Menéndez Pelayo, fronte ao ascensor inclinado que conecta coa Avenida das Camelias. O alcalde explicou que é "moi visible" para vehículos e peóns e ten un compoñente adherente para axudar á freada. <br />
martes, 21 xuñ 2016
O alcalde anunciou este martes esta nova proposta en materia de seguridade viaria nos colexios, segundo a cal o goberno de Vigo establece rutas seguras para que os nenos e nenas de Primaria accedan ao centro educativo de forma autónoma. Os itinerarios, xa iniciados no CEIP Escultor Acuña de forma experimental, están marcados con pegadas de dinosauro.
venres, 17 xuñ 2016
O alcalde participou este venres na descuberta de inscricións nos pasos de peóns da cidade con mensaxes que avogan pola seguridade viaria e animou á cidadanía a participar o domingo na carreira "Ponlle freo" que recadará fondos para a Asociación Alento de Dano Cerebral.