O plan de tráfico de entrada e saída de colexios arranca con éxito en catro centros da cidade

luns, 1 xuñ 2015

O alcalde deu conta esta mañá do "éxito" do primeiro día da campaña de información aos pais e nais do novo plan de tráfico deseñado para os colexios, que prevé reservar dez ou doce aparcamentos nas horas de entrada e saída dos alumnos. Hoxe arrancou de xeito experimental en catro centros e noutros nove comezará a funcionar o 8 de xuño, para aplicarse no resto de colexios a partires do próximo curso escolar.

O Concello inicia cunha campaña informativa os plans de tráfico específicos para colexios

xoves, 28 mai 2015

O goberno local lanzou unha campaña de información aos pais e nais do novo plan de tráfico deseñado para os colexios. O alcalde detallou que se reservan de media dez ou doce aparcamentos nas horas de entrada e saída dos alumnos. O 1 de xuño comeza de xeito experimental en catro centros e noutros nove arrancará o 8 de xuño, para aplicarse no resto de colexios a partires do próximo curso escolar.

O goberno de Vigo reservará aparcamentos para deixar e recoller aos nenos nos colexios

martes, 19 mai 2015

O alcalde mantivo este martes unha reunión con responsables de 80 colexios vigueses e anunciou que o 1 de xuño comeza esta experiencia piloto en 13 centros educativos da cidade, co obxectivo de implantar o plan de tráfico no resto o próximo curso. Caballero indicou que as medidas, personalizadas con cada centro, inclúen unha reserva de aparcamento ás horas de entrada e saída aos colexios.

O goberno de Vigo concluirá en tres semanas a adecuación dos laterais da Avenida de Madrid

xoves, 16 abr 2015

O alcalde indicou este xoves que as obras van "a moi bo ritmo", actualmente o Concello traballa no carril exterior dereito de descenso para, ao remate, comezar co de ascenso. É unha reforma "de gran envergadura" que pode conlevar "algunhas molestias de tráfico", advertiu Caballero, quen lamentou a negativa do Ministerio de Fomento a humanizar os carrís centrais do principal acceso á cidade.

O Concello iniciou na estrada da Vía a instalación de gardarraís de seguridade para motoristas

martes, 31 mar 2015

Tras unha reunión este martes con colectivos de motoristas, Abel Caballero indicou que o goberno de Vigo xa comezou a renovación dos gardarraís da estrada da Vía e traballa no contrato para cambiar 12 quilómetros máis en distintos viais da cidade. Despois das medidas adoptadas polo Concello, tres asociacións de moteiros de ámbito estatal declararon a Vigo como a urbe máis segura de España para as motos.

O Concello creou 327 novos aparcamentos en 2014, 93 para persoas con mobilidade reducida

martes, 24 mar 2015

Carlos Font fixo este martes un pequeno balance do traballo da Concellería de Seguridade e Mobilidade durante o pasado ano, entre o que destacou a creación de 234 prazas de estacionamento xeral e outras 93 máis reservadas a persoas con mobilidade reducida. O concelleiro anunciou ademais unha nova app de tráfico para definir o mellor percorrido e o tempo de duración deste.