O goberno local deseñará con 15 colexios un plan de tráfico nas horas de entrada e saída dos centros

mércores, 18 mar 2015

O rexedor avanzou unha "importante" reunión que vai lugar mañá xoves na Alcaldía con 15 colexios para elaborar un plan de tráfico nas horas de entrada e saída dos centros escolares. Tal e como explicou, o Concello quere avanzar nun deseño da circulación que facilite o acceso aos miles de nenos e nenas e as súas familias que a diario acuden aos centros educativos.

O Concello deseña un plan de tráfico e melloras nas infraestruturas para Conxemar 2015

martes, 17 feb 2015

O alcalde mantivo esta mañá unha reunión con responsables de Conxemar, na que tamén estiveron presentes o concelleiro de Tráfico, Carlos López Font e o xefe da Policia Local, Francisco Martínez. Durante o encontro, explicou o rexedor, deseñaron un plan de tráfico e melloras en infraestruturas para que a maior feira internacional do conxelado volva ser un éxito o próximo mes de outubro.