Vigo únese á rede dixital de emerxencias e seguridade de Galicia
O alcalde anunciou este martes que a policía, os bombeiros e protección civil de Vigo formarán parte da rede pública de comunicación de emerxencias e seguridade da nosa comunidade. Trátase dun sistema de chamamentos que, con tecnoloxía de última xeración, ofrece unha cobertura do 100% na cidade e mellora de forma notable a capacidade de actuación e resposta nas situacións de urxencia.
Abel Caballero informou na mañá deste martes que o Concello de Vigo se adhire á rede dixital de emerxencias e seguridade de Galicia, unha rede dixital pública pensada para os chamamentos dos servizos de emerxencias, que vai actuar en toda Galicia e na que Vigo incluirá á policía, aos bombeiros e a protección civil.
Segundo explicou o alcalde "queremos que toda aquela acción de emerxencias se efectúe en Vigo a través desta rede de seguridade, que ten unha tecnoloxía de última xeración, a tecnoloxía Tetra, que é moito máis fiable e rápida que a actual e ten a grande vantaxe de ofrecer unha cobertura do 100% en toda a cidade". Isto implica que a capacidade e calidade das comunicacións é óptima tanto na transmisión de voz como de datos e mesmo permite, á hora de realizar chamadas internas, xerar pasarelas propias coa Policía e coa Garda Civil.
O Concello de Vigo pagará 112.000 euros anuais por este servizo, mantendo así o custo do sistema que se emprega na actualidade. Con todo, o rexedor salientou que a rede dixital pública, grazas á capacidade de actuación en tempo real, mellora de forma notable as posibilidades de resposta ás urxencias e de ordenación dos sistemas de protección civil, extinción de incencios e policía.