luns, 28 set 2015
O Pleno da Corporación Municipal celebrado este luns decidiu, por unanimidade, instar ao Goberno de España a que estableza incentivos fiscais para promover o alugueiro entre os arrendarores e os inquilinos. Tamén saíu adiante, co apoio de todos os grupos, unha moción que demanda ao goberno da Xunta de Galicia unha maior dotación de recursos para atender as necesidades da mocidade viguesa. Os grupos socialista e Marea de Vigo acordaron reprobar ao presidente da Xunta polas súas descualificacións aos asistentes á manifestación a favor da sanidade pública celebrada o pasado 3 de setembro. <br />
luns, 28 set 2015
Todos os grupos respaldaron a intervención de Alberto Gonçalvez Herrero, secretario comarcal da CIG, quen solicitou o apoio do Pleno para impulsar unha iniciativa lexislativa popular no Parlamento Galego con medidas que garantan a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética.
luns, 28 set 2015
Abel Caballero inaugurou este luns unha nova edicion de Mostrarte, o ciclo que leva aos espazos de Alcaldía obras de artistas da cidade. Nesta ocasión son as pinturas do mestre Mingos Teixeira, recollidas en "Hai outros mundos pero están neste", as que se exhibirán durante os próximos dous meses nestas dependencias municipais. <br />