Escoitar

O goberno local destina 24.000 euros para que os institutos vigueses usen as instalacións deportivas

O alcalde asinou esta venres os convenios de cesión das instalacións do Instituto Municipal dos Deportes, que permitirá que os centros de Ensino Secundario da cidade e un centro de educación infantil e primaria empreguen estes espazos para realizar as actividades deportivas co seu alumnado. <br />

venres, 25 set 2015
1443187787Conveniosdeportes2.JPG
Abel Caballero informou hoxe da sinatura dos convenios que establecen a cesión dos espazos deportivos municipais para que poidan ser empregados polos centros educativos para as súas actividades, mediante cesión gratuíta ou subvencionada, cun custo de 24.000 euros.

Así, o uso das instalacións deportivas queda distribuído da seguinte maneira: o IES A Guía utilizará a piscina municipal de Teis e o pavillón municipal. Este último será empregado tamén polo IES de Teis. Mentres, ao IES Santa Irene e ao CEIP Altamar foilles cedido o uso do Complexo Deportivo das Travesas e o IES San Tomé empregará o pavillón do Carmen.

Acordo da Xunta de Goberno Local

O rexedor vigués deu conta tamén da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local da adxudicación da reparación dun talude no camiño do Portiño. O goberno municipal destina 63.000 euros reparalo e construír un novo muro de soporte.

Descargar todas as imaxes