Escoitar

Caballero anima a participar mañá na segunda edición de Barbeiros solidarios contra o cancro

A partir das catro da tarde de mañá sábado, 60 perruqueiros ofertarán os seus servizos por sete euros na rúa Príncipe. A recadación será destinada integramente á Asociación Española contra o Cancro de Vigo.

venres, 25 set 2015
1443187623BarberosSolidarios.JPG
A segunda edición de Barber Shop -Barbeiros solidarios contra o cancro- organizarase mañá en Príncipe entre as 16,00 e as 20,30 horas. Tal e como explicaron en rolda de prensa, 60 barbeiros farán cortes de pelo, arranxos de barca e afeitados en plena rúa con fins solidarios, xa que toda a recadación será integramente para a Asociación Española Contra o Cancro. O donativo estipulado por servizo é de 7 euros, segundo explicou Marcos Atrio, presidente da Asociación provincial de empresarios de peluquería e estética de Pontevedra. Ademais do alcalde, tamén participaron na presentación Telmo Rodríguez, coordinador do evento e Ángeles Pazos, presidenta da AECC de Vigo.
Descargar todas as imaxes