xoves, 1 out 2015
A concelleira de Política Social deu a coñecer este xoves as actividades do Centro Integral de Inclusión Social e Emerxencias para o último trimestre do ano, coas que se quere dar a coñecer a problemática dos usuarios entre a sociedade viguesa. Ademais, Isaura Abelairas, adiantou que no mes de decembro o albergue vai desenvolver unha nova xornada de portas abertas para que a cidadanía poida coñecer o traballo que se desenvolve nesas instalacións.
xoves, 1 out 2015
O concelleiro de Deportes presentou este xoves a carreira de running e obstáculos que se desenvolve este sábado día 3 de outubro na cidade e que pon a proba distintas destrezas dos participantes. É a primeira carreira destas características que inclúe a praia como escenario e suma xa arredor de 1.100 persoas inscritas.
xoves, 1 out 2015
Este venres, 2 de outubro, da comezo a programación municipal de artes escénicas, Vigocultura, que se desenvolverá no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) durante os meses de outubro, novembro e decembro.A artista Guadi Galego será a encargada de inaugurar o ciclo, ás 21:00 h, co seu traballo "Lúas de Outubro a Agosto".
xoves, 1 out 2015
Nestes días continúa aberto o prazo de matrícula para os cursos de adultos que se desenvolverán no MARCO nesta tempada 2015-16: tres novas propostas a cargo de José Manuel López, Ana Pereira e Vertixe Sonora, coa colaboración de relatores invitados, que ofrecen diferentes visións e percorridos pola historia do cinema, da arte e da música máis recente.