Escoitar

Abel Caballero insiste no recoñecemento constitucional das competencias municipais<br />

O alcalde e presidente da FEMP, reuniuse este xoves en Madrid con cargos directivos da Federación e avanzou na preparación de cuestións como a derogación da reforma local ou a proposta das bases para un novo modelo de financiamento local. Ademais, referiuse á importancia de que a FEMP se transforme nunha grande rede de acollida de refuxiados en toda España.

xoves, 1 out 2015
1443711355femp.JPG
O alcalde e novo presidente da Federación Española de Municipios e Provincias estivo esta mañá na sede da entidade en Madrid, onde avanzou as liñas de actuación acordadas no XI Pleno da organización, que se celebrou o pasado 19 de setembro.

Abel Caballero apuntou que estes teñen que ser os catro anos nos que os municipios acaden o nivel de Administración que xa teñen na actualidade e propuxo que hai que volcar nas leis a realidade municipal; a vida da cidadanía. Así, insistiu en que é preciso acometer todas as reformas legais que permitan aos concellos manter a súa capacidade competencial e financeira para atender aos cidadáns como estes demandan. "A FEMP, a través de Alcaldes e Alcaldesas, teñen que volcarse nos cidadáns que nestes momentos reclaman máis acción e máis presenza. A vontade de Alcaldes e Gobernos municipais manifestada no último Pleno foi comprometerse cos cidadáns como xa vén sendo ata agora", dixo.

Abel Caballero incide en que os concellos teñen que estar recollidos na reforma da Constitución, coa súa autonomía e competencias. Reitera que é imprescindible unha nova lei de financiamento local que proporcione aos municipios recursos para atender os servizos que prestan nun mundo no que cada vez os consistorios xogan un papel máis importante.

O rexedor vigués e Presidente da FEMP terminou destacando a necesidade de que esta teña unha presenza no Consello de Política Fiscal e Financeira, en igualdade de condicións que as Comunidades Autónomas.

Nesta primeira visita, Abel Caballero presentouse ao person da Federación, ante o que perfilou os principales eixos de traballo da Presidencia, ao tempo que pediu cooperación activa nestes catro anos tan importantes.
Descargar todas as imaxes