Escoitar

Continúa aberto o prazo de matrícula no MARCO para tres novos cursos sobre CINE, ARTE e MÚSICA contemporánea

Nestes días continúa aberto o prazo de matrícula para os cursos de adultos que se desenvolverán no MARCO nesta tempada 2015-16: tres novas propostas a cargo de José Manuel López, Ana Pereira e Vertixe Sonora, coa colaboración de relatores invitados, que ofrecen diferentes visións e percorridos pola historia do cinema, da arte e da música máis recente.

xoves, 1 out 2015
1443691694farchadamarco.jpg
AGUZAR O OÍDO III

Analoxía e continuidade na historia da música
Do 13 outubro 2015 ao 26 abril 2016
Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, en colaboración con Vertixe Sonora e Festival VertixeVIGO15
Colabora: Porto Casa da Música
Docentes: relatores invitados, Emilio Lede Abal, e integrantes de Vertixe Sonora Ensemble
Lugar: salón de actos
Horario: martes, de 20.00 a 21.00

ARTE E SOCIEDADE NA ESPAÑA DOS SÉCULOS XX e XXI

Do 21 outubro 2015 ao 4 maio 2016
Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: Ana Pereira Molares, coa colaboración de relatores invitados
Lugar: salón de actos
Horario: mércores, de 19.30 a 21.00


CORPOS EFÍMEROS, MÁQUINAS PERFECTAS

Pequena historia do movemento, o tránsito e a transformación no cinema
Do 29 outubro 2015 ao 12 maio 2016
Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Docente: José Manuel López, coa colaboración de relatores invitados
Lugar: salón de actos
Horario: xoves, de 19.30 a 21.00

INFORMACIÓN PRÁCTICA

A matrícula dos cursos pecharase unha vez cubertas todas as prazas. Tanto os programas detallados como as fichas de inscrición, información sobre prezos de matrícula e descontos especiais están dispoñibles na taquilla do MARCO (en horario de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 de martes a sábados, e de 11.00 a 14.30 os domingos), así como no apartado ‘Didáctica’ da web www.marcovigo.com, e a través do email info@marcovigo.com.

Descargar todas as imaxes