martes, 29 setembro 2015

Vigo únese á rede dixital de emerxencias e seguridade de Galicia

O alcalde anunciou este martes que a policía, os bombeiros e protección civil de Vigo formarán parte da rede pública de comunicación de emerxencias e seguridade da nosa comunidade. Trátase dun sistema de chamamentos que, con tecnoloxía de última xeración, ofrece unha cobertura do 100% na cidade e mellora de forma notable a capacidade de actuación e resposta nas situacións de urxencia.

Teresa Ribera eloxia o modelo de cidade medioambiental de Vigo

martes, 29 set 2015

Abel Caballero mantivo un encontro na mañá deste martes con Teresa Ribera, quen fora secretaria de Estado de Cambio Climático, e persoa moi implicada na decisión de facer a nova depuradora de Vigo. No encontro, a directora do Instituto de Desenvolvemento Sostible e as Relacións Internacionais destacou que o modelo de cidade medioambientalmente desenvolvida implantado polo goberno local "está tratando de copiarse noutros lugares fóra de España".

Caballero garante o apoio permanente do Concello á Semana do Atlántico de vela e di que "é o tempo dos navegantes"

martes, 29 set 2015

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou hoxe ás autoridades de Viana do Castelo presentes no Náutico, á directiva do club local e ás institucións e patrocinadores asistentes, o seu respaldo á Semana do Atlántico Cidade de Vigo, o evento máis importante da vela lixeira a nivel nacional e que se desenvolve en Vigo e Viana durante o mes de outubro e o primeiro día de novembro.