O Concello cede o uso gratuíto de instalacións deportivas a cinco entidades sociais
Abel Caballero asinou esta mañá convenios con cinco entidades sociais para que poidan usar as instalacións deportivas de xeito gratuíto. Tal e como explicou na posterior rolda de prensa, os beneficiarios serán os usuarios da Fundación Menela, da Asociación San Francisco, da Asociación Alborada, de Cedro e de Down Vigo.