Escoitar

O Concello apoia unha nova edición da Holi Run que se organizará o 11 de outubro en Samil<br />

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, amosou hoxe a súa máxima colaboración e a do Concello á Holi Run, unha curiosa proba que se pode facer andando ou correndo e que se disputará o 11 de outubro ás 11,00 horas nas inmediacións da praia de Samil.

martes, 29 set 2015
1443532774Holirun.JPG
Javier Ponte, coordinador do evento no que os participantes acaban pintados de mil cores, estimou a participación deste ano nuns 7.000 corredores fronte aos case 5.000 da primeira edición. Espéranos 8.000 quilos de pó de cores. A Holi Run é un evento pensado para familias, para grupos de amigos e tamén para ir con mascotas, pois pódese realizar andando ou correndo. O Concello colabora de xeito loxístico.
Descargar todas as imaxes