Escoitar

Teresa Ribera eloxia o modelo de cidade medioambiental de Vigo

Abel Caballero mantivo un encontro na mañá deste martes con Teresa Ribera, quen fora secretaria de Estado de Cambio Climático, e persoa moi implicada na decisión de facer a nova depuradora de Vigo. No encontro, a directora do Instituto de Desenvolvemento Sostible e as Relacións Internacionais destacou que o modelo de cidade medioambientalmente desenvolvida implantado polo goberno local "está tratando de copiarse noutros lugares fóra de España".

martes, 29 set 2015
1443532448Teresaribera.JPG
Abel Caballero reuniuse este martes con Teresa Ribera, actual directora do Instituto de Desenvolvemento Sostible e as Relacións Internacionais e secretaria de Estado de Cambio Climatico no momento no que se resolveu construír a nova depuradora da cidade, polo que o alcalde explicou que é unha persoa "moi ligada a esa decisión" e "implicada na dotación de 105 millóns de euros" para esa obra por parte do Goberno de España. Unha acción que o rexedor lle agradeceu persoalmente ao tempo que lle explicou que a construción da depuradora evoluciona en tempo e forma e engadiu que "sen ela e sen Elena Espinosa xamais se tería feito a depuradora".

Ademais, Caballero e Teresa Ribera intercambiaron opinións sobre o modelo de cidade medioambientalmente desenvolvida que é Vigo nestes momentos. Segundo explicou o rexedor, Ribera informouno de que este modelo "está tratando de copiarse noutros lugares de fóra de España: a presenza do verde en toda a urbe, a forma de entender a recollida de lixo, a forma do saneamento e abastecemento ou a propia ornamentación". En base ao desenvolvemento da cidade como exemplo de mobilidade e sostibilidade, Abel Caballero foi convidado a explicalo na Fundación Alternativas, da que é patroa Teresa Ribera.

Descargar todas as imaxes