Escoitar

Vigo recibirá en setembro un encontro motero de policías e gardas civís de toda España

Preto de 500 axentes dos corpos e forzas de seguridade do Estado chegarán en moto a Vigo para participar na súa tradicional reunión bianual. Así llo trasladaron esta mañá ao rexedor un grupo de representantes do clube Motópolis.

venres, 16 out 2015
1445001746motos.JPG
O alcalde explicou hoxe venres que preto de 500 policías e gardas civís de toda España achegaránse en setembro a Vigo para participar no encontro bianual que organiza Motópolis. Trátase, dun clube motero formado por corpos e forzas de seguridade do Estado que este ano elixen a nosa cidade para reunirse.

Caballero explicou que o Concello segue a traballar na facilitación da circulación das motos, referíndose, entre outras medidas, á sustancial rebaixa de impostos aprobada para 2016. Tal e como explicou, as motocicletas de menos de 125 cc, estarán exentas do recibo de circulación, e ao resto se lles rebaixa un 10%.

Junta gobierno
En rolda de prensa , o alcalde tamén deu conta da aprobación en Xunta de Goberno dun convenio de colaboración coa Asociación de Niños con Hiperactividad y Déficit de Atención (Anhida). Cun importe de 4.000 euros, o Concello coopera no finanzamento dos gastos do local da entidade.
Descargar todas as imaxes