xoves, 15 out 2015
Abel Caballero informou este xoves da aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local, da adxudicación a Ryanair do contrato de promoción turística de Vigo polo que a compañía operará voos con Barcelona, Dublín, Boloña, Edimburgo e Milán a partir do próximo ano 2016. Ademais, o rexedor salientou o comportamento positivo de Peinador que experimentou un incremento de pasaxeiros do 11% no mes de setembro e que rexistra un nivel medio de ocupación dos voos do 70%.
xoves, 15 out 2015
O alcalde de Vigo ratificou hoxe xoves o compromiso de Vigo co ensino público, garantindo o convenio anual de 606.000 euros que ten coas Foanpas. Na mesma rolda de prensa, tamén avanzou a vontade do Concello de ceder de xeito inmediato á Xunta os terreos para ampliar o Ceip Castelao de Navia, aínda que lle recriminou un retraso de dous anos nesta solicitude.
xoves, 15 out 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu hoxe a representantes da xunta directiva do Club Deportivo Amfiv e ao seu novo patrocinador, a firma Más Visión.
xoves, 15 out 2015
Abel Caballero participou este xoves na clausura das Xornadas Conmemorativas da Fundación Érguete que se desenvolveron baixo o lema "Nin tolas nin terroristas" para celebrar os 30 anos de loita da entidade contra a drogodependencia. O Auditorio do Concello acolleu este encontro no que profesionais do ámbito xurídico, administrativo e do tratamento abordaron esta problemática. O alcalde felicitou a Érguete polo labor desenvolvido durante estes anos e recoñeceu a importancia das mulleres que puxeron en marcha a iniciativa hai tres décadas.
xoves, 15 out 2015
o Museo comeza hoxe 15, e durante este trimestre, unha serie de actividades tendentes a coñecer mellor a nosa cidade. Con "Historia das rúas" achegarase ao noso rueiro e aos persoeiros que lle deron nome a través de percorridos de coñecemento das súas persoais vidas;quen foron, a que se dedicaron, que queda deles na nosa cidade, desvelando aspectos do noso patrimonio.
xoves, 15 out 2015
Do 17 de outubro ao 7 de novembro realizarase a iniciativa dos "Paseos polo Vigo literario" desenvolvida pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o patrocinio da Concellaría de Normalización Ligüística do Concello de Vigo. Todos os paseos con saída ás 11.30