venres, 16 out 2015
Na Xerencia de Urbanismo desta mañá deuse conta da resolución do proxecto de expropiación dos terreos para construir a Cidade da Xustiza, nos que o goberno local investiu 2,6 millóns de euros. O Concello ven de notificar aos afectados que a data de pago e de ocupación das propiedades será o 23 de outubro.
venres, 16 out 2015
Co fin de intercambiar impresións sobre o desenvolvemento da Área Metropolitana de Vigo e demandar celeridade na constitución da mesma á Xunta de Galicia, o alcalde convoca aos rexedores a unha xuntanza que se celebrará o próximo xoves 22 de outubro na cidade olívica. Segundo explicou o rexedor, xa hai 12 concellos que confirmaron a súa asistencia mentres continúa a rolda de chamadas para convocar aos restantes.
venres, 16 out 2015
A Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) inaugurou hoxe o novo curso nun acto no que participaron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e Abel Caballero, quen confiou en que o centro poida acometer a ampliación das súas instalacións para dar cabida a todas as actividades e, con iso, "facer algo máis poderoso". O rexedor celebra os dez anos da instalación da ESAD en Vigo polo enriquecemento cultural que supón para o territorio vigués e para o sur da comunidade. O rexedor agradeceu, no nome da cidade, a presenza no acto do historiador e investigador Ramón Villares e felicitou aos estudantes porque, dixo, o camiño que queda "é aínda mellor que o de anos pasados".
venres, 16 out 2015
Preto de 500 axentes dos corpos e forzas de seguridade do Estado chegarán en moto a Vigo para participar na súa tradicional reunión bianual. Así llo trasladaron esta mañá ao rexedor un grupo de representantes do clube Motópolis.
venres, 16 out 2015
Esta fin de semana, o Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) acollerá dous espectáculos teatrais dirixidas a público adulto. O venres día 16 Producciones Viridiana presentará a súa obra "Ligeros de equipaje. Crónica de la retirada"; e o sábado a compañía A PANADARÍA estrea a obra "Panamericana".
venres, 16 out 2015
Lémbrase á cidadanía que AS EDIFICACIÓNS CONSTRUÍDAS NO ANO 1984 no termo municipal de Vigo deberán pasar a súa primeira inspección durante este ANO 2015, de acordo co artigo 6.2 da Ordenanza municipal reguladora da Inspección Técnica de Edificacións (ITE) do Excmo. Concello de Vigo (BOP núm. 221, do 17 de novembro de 2010).