O rexedor recoñece o labor desenvolvido por Érguete nos seus 30 anos de actividade
Abel Caballero participou este xoves na clausura das Xornadas Conmemorativas da Fundación Érguete que se desenvolveron baixo o lema "Nin tolas nin terroristas" para celebrar os 30 anos de loita da entidade contra a drogodependencia. O Auditorio do Concello acolleu este encontro no que profesionais do ámbito xurídico, administrativo e do tratamento abordaron esta problemática. O alcalde felicitou a Érguete polo labor desenvolvido durante estes anos e recoñeceu a importancia das mulleres que puxeron en marcha a iniciativa hai tres décadas.
