Historias das rúas da cidade, no Museo Liste
o Museo comeza hoxe 15, e durante este trimestre, unha serie de actividades tendentes a coñecer mellor a nosa cidade. Con "Historia das rúas" achegarase ao noso rueiro e aos persoeiros que lle deron nome a través de percorridos de coñecemento das súas persoais vidas;quen foron, a que se dedicaron, que queda deles na nosa cidade, desvelando aspectos do noso patrimonio.
Comezarase por aquelas rúas con toponimia de carácter honorífico,das que destacar persoeiros moi ligados á nosa historia local como García Barbón, Sanjurjo Badía ou López de Neira,para continuar con nomes que reflicten oficios ou tradicións desaparecidas de marcado carácter etnográfico ou aquelas dedicadas a mulleres
Lugar:Museo Liste.
Datas:a partir do 15 de outubro.
Dirixida a:público en xeral
Soporte didáctico:monitoraxe,documentación e paneis informativos
Descargar todas as imaxes
Lugar:Museo Liste.
Datas:a partir do 15 de outubro.
Dirixida a:público en xeral
Soporte didáctico:monitoraxe,documentación e paneis informativos