O Concello construirá dous novos parques infantís e remodelará os de Venezuela e a Praza Elíptica
Abel Caballero visitou esta mañá o parque infantil da Praza da Independencia logo das obras de remodelación nas que o Concello investiu 40.000 euros e que supuxeron a ampliación do espazo dispoñible e a incorporación de elementos xunto coa reforma dos xa existentes. O rexedor informou da construción dos novos parques infantís de Teixugueiras e dos Capuchinos e adiantou que se reformarán os de Venezuela e da Praza Elíptica para continuar coa construción destes espazos que son unha "demanda" da sociedade viguesa.
Dende este mércores, as nenas e nenos vigueses dispoñen dun espazo renovado para os seus xogos na Praza da Independencia. O Concello investiu 40.000 euros nas obras de remodelación do recinto que incluíron a instalación de novos elementos e a reforma dos xa existentes. Para o alcalde este será "un dos grandes parques infantís de Vigo" e explicou que, coa retirada da xardineira que había, o parque gañou en espazo e esa ampliación "vai seguir ata a zona do centro da praza porque queremos un macroparque e adicionalmente instalaremos un parque biosaudable".
Abel Caballero anunciou que o seu goberno segue adiante coa construción de parques infantís porque é "unha demanda" e que están a punto de abrir o de Teixugueiras e o dos Capuchinos en Pizarro. Ademais, adiantou que o Concello ten avanzado o deseño da reforma do parque infantil de Venezuela que será un "macroparque" e no que se eliminará un carril de aparcamento e se ocupará unha parte da actual beirarrúa para duplicar o espazo dispoñible para pequenos e maiores. O rexedor referiuse tamén á reforma do parque infantil da Praza Elíptica que na actualidade está situado nunha zona pouco visible e que coa remodelación se achegará á praza onde se vai habilitar unha zona de fútbol pequena con dúas porterías para a práctica de deporte.
Descargar todas as imaxes