O Concello apoia o XX Encontro Sindical da Muller, co obxectivo de avanzar na igualdade real
Cunha traxectoria de dúas décadas, e organizado polas secretarías da Muller de UGT e CCOO coa colaboración do goberno local, o Encontro celébrase este xoves e venres no Hotel Coia baixo o lema "Mulleres empoderadas para unha sociedade máis igualitaria". Coa cita procúrase fomentar políticas de igualdade para avanzar a prol da igualdade real.
O alcalde, Abel Caballero, e as secretarias de Igualdade de CCOO e UGT Vigo, Elena Rodríguez e Mª Dolores Somoza, respectivamente, presentaron este martes no Concello a vixésima edición do Encontro Sindical da Muller, que terá lugar este xoves e venres no Hotel Coia baixo o lema "Mulleres empoderadas para unha sociedade máis igualitaria".
O Concello de Vigo apoia un ano máis esta iniciativa, organizada polas secretarías da Muller de CCOO e UGT Vigo, co obxectivo de fomentar políticas de igualidade para avanzar a prol dunha igualdade real. Para iso, nas dúas xornadas abordaranse contidos como a información das modificacións en materia de igualdade (permisos de maternidade, lactancia, excedencia...), coñecer as carencias para transmitir a seguridade na comunicación e fomento da autoestima, promover o empoderamento e facilitar ás mulleres as ferramentas axeitadas para o seu desenvolvemento cotiá no ámbito laboral.
Datas: xoves 15 e venres 16 de outubro
Lugar: Hotel Coia
PROGRAMA
Apertura: xoves 15 ás 10h
.- 10,30 h "Lexislación en materia de igualdade" a cargo de Mónica María Rodríguez Pontes. Secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos sociais de UXT Galicia
.- 12,00h "Obradoiro de comunicación e empoderamento" a cargo de Llerena Perozo Porteiro, especialista en comunicación, xénero, cultura e medio ambiente.
Venres, 16
.- 9,30h "Dificultades no acceso ao emprego" a cargo de Iria Vázquez Silva, Socióloga experta en xénero
.- 10,30h "Obradoiros de autoestima" a cargo de Rosa Gómez Limia, presidenta de Teenses pola igualdade.
.- 12,00h. Conclusións
.- 13,00h "Acto lúdico"
Peche: venres 16 de outubro ás 14h
Descargar todas as imaxes