Escoitar

O alcalde dá o pistoletazo de saída á nova temporada de Siareiros "orgulloso" do deporte vigués

O Pavillón Multiusos de Navia foi o escenario de presentación da nova temporada do programa Siareiros club e elite, nun acto no que estiveron presentes numerosos deportistas e que concentrou a todos os clubes adscritos ao Multiusos. Abel Caballero manifestoulles o seu orgullo polos resultados do deporte da cidade.

venres, 9 out 2015
1444392222Siareiros.JPG
O rexedor participou na presentación da nova temporada do programa Siareiros club e élite, acompañado de Manel Fernández, concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, a Fundación Vigo Deporte. Ante os numerosos deportistas congregados, Abel Caballero dixo "sentirse orgulloso do deportes vigués cada vez que vou polo resto de España. Enorgulléceme o traballo, o esforzo e os resultados dos nosos deportistas".

O alcalde recibiu con orgullo o carné de socio da nova campaña e compartiu tempo e fotografías cos presidentes das entidades deportivas e os patrocinadores na que é a imaxe oficial do programa.

Pola súa parte, Manel Fernández, animou a que os clubes sigan traballando polo programa Siareiros e dedicou un apartado especial ao patrocinio privado, representado no evento por María José Táboas de Citroën. O concelleiro sostivo que "as empresas tamén sodes unha parte importante do deporte de Vigo".

Na foto de familia destacou a presenza masiva dos xogadores do Baloncesto Seis do Nadal e o alcalde e o concelleiro foron requiridos para fotografarse con cada un dos clubes.
Descargar todas as imaxes